Trabajo
que vincula la obra de Manuel María, poeta homenajeado este año en Las letras
Gallegas, con la técnica del collage
digital. Cada collage está realizado
a partir de uno de sus poemas.
Ollos de nenos
Eses
nenos labregos de ollos quedos
como o
paso do Miño polas chairas
teñen unha
hondura que me inqueda.
Ollos
azuis como o ceo claro
dun abrente
limpísimo de abril
ou dun
azul de mar como o das rías.
Ollos
mouros o mesmo que unha noite
de choiva
e vento no corazón do inverno
nos que
non hai o brillo dunha estrela.
Ollos
verdes que lembran mismamente
a luz,
case sen vida, das camelias.
Ollos
cor cinza, mortas borralleiras,
que o
lume da alegría non queimou.
Ollos
pardos en todo semellantes
aos montes
ermos, tristeiros, penedios
nos que
agroman a penas as carpazas.
Non sei
que de auga queda,
de pozo
escuro e insondable
teñen os
nenos labregos de Galiza.
Nubes que van e que vén
Nubes
que veñen ou van.
o voso secreto
afán:
¿qué fondo
misterio ten?
Nubes
altas, fachendosas
ou nubes a ras do chao
que podo
apañar coa mao
como flores
das camposas.
Nubes
grandes e pequenas,
nubes belidas
e feas
¡en
xuntoiros e asambleas
contando
gozos e penas!
Aínda teño a esperanza
Aínda
teño a esperanza de poder
percorrer
unha por unha
todas as
parroquias de Galiza,
lugares e
casai,
andar porta
por porta,
dialogar
persoa a persoa
face a
face,
pois non
hai tarefa máis urxenete,
fermosa,
nidia e necesaria.
Gastarei
o meu Corpo nos camiños
ata ser
po, seixo e silveira.
A miña
voz, de tan usada, será
o levísimo
eco dun rumor:
só fundamento
de semente
que a
penas poderá rozar
a intimidade
choída dos galegos,
estraña tribo
incomprensible
feita de
tebra, vento e cantaría.
Mapa de Galiza
Un gran
mapa de Galiza
pintei con
moita ilusión.
¡un mapa
da miña terra,
terra da
miña nación!
A unha
grandísima estrela
é Galiza
semellante.
¡estrela
de moitas puntas
ou un
luceiro xigante!
As
puntas marcan os rumos
dos máis
diversos roteiros
que seguen
os emigrantes
deixando
pobos baleiros.
Pintei
os mares de mouro
e enchín
de melancolías
¡o verde
das carballeiras
e o seu
color natural:
¡Manzaneda,
Pía Paxaro,
Serra do
Faro e Xistral…!
Nas
bisbarras debuxei
unha fonda
soedá:
¡Bergantiños,
o Courel,
O Ribeiro,
a Terra Chá…!
E
cruzando a nosa Terra
tal unha
banda nosa bandeira,
guía do
noso destiño…!
No hay comentarios:
Publicar un comentario