5/13/2020

Photocall en liña ReGaliza


Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o departamento de Debuxo unha vez máis,  organiza o proxecto titulado “ReGaliza, refresca a lingua”, un proxecto que consistiu en representar as palabras máis fermosas ou máis empregadas da ligua galega así como expresións típicas ou ditos, en carteis, globos de cómic, polaroids, etc.

Para elo, empregáronse tipografías propias da linguaxe de cómic e o estilo da arte POP. Tamén hai alumnos/as que fixeron xogos de palabras dende o punto de vista da retranca galega seguido a liña dos deseños do “Rei Zentolo” e "Deseho galego" que xogan coa cultura galega e a arte POP baixo a premisa de galeguidade, creatividade, universalidade.

Este ano, coa aparición do COVID-19, o photocall foi individual e en liña, pero non por elo deixou de ser interesante e divertido.

Este ano igual, cos anos pasados, algúns profesores e profesoras colaboraron facendo as súas interesantes aportacións ao photocall ReGaliza. 





















































No hay comentarios:

Publicar un comentario