Con motivo da
celebración do día das Letras Galegas o departamento de Debuxo organizou o
proxecto titulado “ReGaliza, refresca a lingua”, un proxecto que consistiu en
representar as palabras máis fermosas ou máis empregadas da ligua galega así
como expresións típicas ou ditos, en carteis e globos de cómic. Para elo,
empregáronse tipografías propias da linguaxe de cómic e o estilo da arte POP.
Todos os deseños inspiráronse nos deseños do “Rei Zentolo” que xoga coa cultura
galega e a arte POP baixo a premisa de galeguidade, creatividade,
universalidade.
A finalidade do
proxecto foi facer un photocall que se puxo na biblioteca do Centro para
celebrar o día das Letras para que alumnado e profesorado fixeran fotos cos
carteis e os globiños de cómic.
Todas as
persoas que se fixeron unha foto cos carteis no photocall foron obsequiadas cunhas regalices. Os traballos
realizados, fotografías e reparto de regalices correreu a cargo do alumnado de
3º ESO.
Proceso de
traballo:
Photocall:
Fotos no photocall:
O fotógrafo:
Reparto e
degustación de regalices:
Exposición de fotografías no photocall:
No hay comentarios:
Publicar un comentario